Que mellor forma de vernos que na calor e comodidade do teu fogar, que creará o ambiente de intimidade que precisamos. Revisaremos xuntas os aspectos físicos e emocionais da chegada ao mundo da túa crianza, e por suposto acompañareite nos baches que aparezan na lactancia. Xuntas desmontaremos mitos e xestionaremos recursos variados que che permitan desfrutar libremente desta fermosa etapa. A sesión dura unha hora e media, pero por suposto podemos ampliala e durante un mes fareivos un seguimento para comprobar que todo encaixa e a diada desfruta xunta
estarei encantada de lerte